Deseño e mantemento web

En Multimedia Galicia adicámonos a deseñar e manter a túa páxina web. O noso traballo irá sempre orientado á responsividade, é dicir, que a túa páxina estea sempre perfecta para visualizar dende un ordenador ou dende un móbil.

Deseño web

En Multimedia Galicia adicámonos ao deseño web para todo tipo de empresas.

A imaxe da túa empresa refléxase na súa páxina web e por iso nos centramos nun deseño responsivo, é dicir, que se vexa perfectamente tanto nun ordenador de sobremesa como nun teléfono móbil.

Ademáis, contaremos dende o principio coa túa opinión para que todo quede ao teu gusto, fortalecendo deste xeito a imaxe da túa empresa.

A continuación podes consultar os principais puntos nos que nos basamos os nosos deseños.

Deseño responsivo

A web verase perfetamente nun ordenador, tablet ou teléfono móbil.

Carga rápida

Aplicamos as técnicas necesarias para que a web cargue o máis rápido posible.

Autoxestionable

Se non queres contratar o noso servizo de mantemento, ensinarémosche a xestionala, actualizala e ampliala ti mesmo.

Deseño atractivo

O seu deseño será actual e atractivo para o cliente, ofrecendo un reforzo de confianza para os teus clientes.

Experiencia positiva

A navegación a través da web será sinxela e orientada a que os teus clientes confíen na túa marca.

Optimización SEO

Realizamos optimización SEO para mellorar a súa puntuación no buscador Google.

Tarifas

Mantemento web

Unha vez creada a túa web, recomendámosche tela sempre actualizada para garantir a súa correcta visualización, a súa total funcionalidade e por suposto a súa seguridade.

En Multimedia Galicia garantimos o correcto estado da túa web en todo momento mediante a revisión constante, a actualización continuada e a dobre copia de seguridade.

Ademáis o noso mantemento inclúe outros conceptos como o hosting ou o dominio para que non teñas que preocuparte por nada.

Revisión constante

Revísase constantemente que a web segue sendo totalmente visual e funcional e todos os dispositivos.

Actualización continuada

Deste xeito garántese o correcto funcionamento da web e que a súa seguridade sexa óptima.

Copias de seguridade

Coa dobre copia de seguridade garantimos a recuperación da web nun tempo record ante calquera eventualidade.

Simplicidade

O noso servizo inclúe o hosting e o dominio, de xeito que non terás que preocuparte por estes aspectos.

Actualización de contidos

Actualización todo tipo de contidos, creación e configuración de contas de correo, etc…

Enlaces rotos

Revisión y modificación de enlaces externos rotos.

Tarifas

Para webs que se saian destas tres categorías, podes pedir un presuposto e axustaremos o prezo o máximo posible.

Se precisas unha web ou que che xestionen o mantemento e tes algunha dúbida, ponte en contacto connosco sen compromiso!

Consulta o noso portfolio para ver que páxinas web deseñamos para outros clientes