Deseño web
En Multimedia Galicia adicámonos ao deseño web para todo tipo de empresas.
A imaxe da túa empresa refléxase na súa páxina web e por iso nos centramos nun deseño responsivo, é dicir, que se vexa perfectamente tanto nun ordenador de sobremesa como nun teléfono móbil.
Ademáis, contaremos dende o principio coa túa opinión para que todo quede ao teu gusto, fortalecendo deste xeito a imaxe da túa empresa.
A continuación podes consultar os principais puntos nos que nos basamos os nosos deseños.


Deseño responsivo
A web verase perfetamente nun ordenador, tablet ou teléfono móbil.

Carga rápida
Aplicamos as técnicas necesarias para que a web cargue o máis rápido posible.

Autoxestionable
Se non queres contratar o noso servizo de mantemento, ensinarémosche a xestionala, actualizala e ampliala ti mesmo.

Deseño atractivo
O seu deseño será actual e atractivo para o cliente, ofrecendo un reforzo de confianza para os teus clientes.

Experiencia positiva
A navegación a través da web será sinxela e orientada a que os teus clientes confíen na túa marca.

Optimización SEO
Realizamos optimización SEO para mellorar a súa puntuación no buscador Google.
Tarifas
Landig page
- Páxina web sinxela de ata 2.000 palabras, 20 imaxes e 4 vídeos.
- 2 páxinas extra de textos legais.
- Deseño sinxelo sen cookies.
- Creación de ata 2 contas de correo electrónico.
Web emprendedor
- Sitio web con ata 3 páxinas, por exemplo: inicio, servizos e contacto.
- Ata 10.000 palabras, 50 imaxes e 10 vídeos en total.
- 3 páxinas extra de textos legais.
- Deseño sinxelo sen cookies.
- Creación de ata 10 contas de correo corporativas.
Web premium
- Web con todas as páxinas que precises.
- Deseño con cookies se fose necesario.
- Sincronización con Google Analytics.
- Todas as funcionalidades que precises.
- Todas as contas de correo que precises.

Mantemento web
Unha vez creada a túa web, recomendámosche tela sempre actualizada para garantir a súa correcta visualización, a súa total funcionalidade e por suposto a súa seguridade.
En Multimedia Galicia garantimos o correcto estado da túa web en todo momento mediante a revisión constante, a actualización continuada e a dobre copia de seguridade.
Ademáis o noso mantemento inclúe outros conceptos como o hosting ou o dominio para que non teñas que preocuparte por nada.

Revisión constante
Revísase constantemente que a web segue sendo totalmente visual e funcional e todos os dispositivos.

Actualización continuada
Deste xeito garántese o correcto funcionamento da web e que a súa seguridade sexa óptima.

Copias de seguridade
Coa dobre copia de seguridade garantimos a recuperación da web nun tempo record ante calquera eventualidade.

Simplicidade
O noso servizo inclúe o hosting e o dominio, de xeito que non terás que preocuparte por estes aspectos.

Actualización de contidos
Actualización todo tipo de contidos, creación e configuración de contas de correo, etc…

Enlaces rotos
Revisión y modificación de enlaces externos rotos.
Tarifas
Mantemento Landing Page
- Para webs dun máximo de 5 páxinas sen funcionalidades especiais.
- Hosting e dominio.
- Copias de seguridade quincenais.
- Actualizacións de WordPress, temas e plugins.
- Controis de seguridade.
- Restauración en caso de hackeo ou desastre.
- Revisión de contidos básica: horarios, datos de contacto, etc.
- Creación e instalación de contas de correo.
- Revisión de enlaces externos rotos.
- Sen permanencia nin ataduras.
Mantemento emprendedor
- Para webs dun máximo de 7 páxinas que poden conter blog, cookies, un opt-in e conexión con Google Analytics.
- Hosting e dominio.
- Copias de seguridade semanais.
- Actualizacións de WordPress, temas e plugins.
- Controis de seguridade.
- Restauración en caso de hackeo ou desastre.
- Actualización de contidos extendida: horarios, datos de contacto, información xeral, etc.
- Creación e instalación de contas de correo.
- Revisión de enlaces externos rotos.
- Sen permanencia nin ataduras.
Web premium
- Para calquera tipo de páxina web WordPress.
- Hosting e dominio.
- Copias de seguridade diarias.
- Actualizacións de WordPress, temas e plugins.
- Controis de seguridade.
- Restauración en caso de hackeo ou desastre.
- 2h/mes para actualización e inclusión de contidos a demanda e asistencia técnica personalizada.
- Asistencia técnica personalizada (1h/mes).
- Creación e instalación de contas de correo.
- Revisión de enlaces externos rotos.
- Sen permanencia nin ataduras.
Para webs que se saian destas tres categorías, podes pedir un presuposto e axustaremos o prezo o máximo posible.