oferta fisioterapuetas

OFRÉCESE

teléfono A creación dunha páxina web tipo “landing page” para a empresa ou autónomo co que se firme o convenio de maneira gratuita.

Requisitos:

  • Ser fisioterapeuta graduado pola UVigo nos anos 2023, 2024 ou 2025.
  • Ser autónomo sen empregados ou ter un máximo de tres empregados.*

*Considerarase tamén empregada a calquera persoa que traballe no mesmo local, aínda que o fago en réxime de autónomo.

Dita páxina web incluirá:

  • Unha páxina principal, unha páxina de contacto e unha terceira páxina sinxela do tipo “servizos”, “portfolio”, “outra información” ou similar.
  • Dúas páxinas auxiliares só con texto do tipo “aviso legal” e “política de privacidade” ou similares.
  • 2 contas de correo electrónico personalizadas.
  • Nas páxinas principais: un máximo de 2.000 palabras, 20 imaxes e 4 vídeos (máx. 3 min).
  • Compatibilidade da web coas pantallas de PC e tamén de dispostivos móbiles como teléfonos e tablets.
  • Aviso de cookies.

Non incluirá: banner, blog, programacións complexas, tenda, conexión con Google Console Insights nin calquera outra cousa non especificada no listado do parágrafo anterior.

O dominio (dirección da páxina web) e o hosting (lugar onde se almacena a páxina web) de maneira gratuita durante o periodo dun ano. O dominio deberá ser pactado entre o contratante e Multimedia Galicia.

Configuración das contas de correo para traballar con elas dende un PC, teléfono intelixente, online na propia páxina web ou incluso dende Gmail.

Mantemento da web durante un ano, o que inclúe resolución de incidencias e axuda coas dúbidas que poidan xurdir.

Non se inclúe na oferta nada que non se especificara como incluido. En caso de dúbida, Multimedia Galicia decidirá como proceder.

Esta oferta está limitada a 4 webs e servizos de mantemento mensuais para empresas ou autónomos que cumpran os requisitos indicados. Tramitarase por estricto orde de solicitude.

Multimediagalicia.com resérvase o dereito a non aceptar a realización dalgunha web polo motivo que considere oportuno.

DESPOIS DO PRIMEIRO ANO GRATUITO

Ao finalizar o periodo dun ano, non existe obrigación de permanencia, o contrato pódese extinguir sen penalizacións para ningunha das partes. Neste caso borraríase a web e todos os datos relacionados.

No caso de que se quixera seguir mantendo a web, o custe do mantemento é de 25€/mes para páxinas tipo “landing page” (a que se ofrece no convenio). O novo contrato tampouco tería periodo de permanencia.

Se se quixera extinguir o contrato ao finalizar o periodo gratuito e a empresa ou autónomo quixera quedar coa web e o dominio, o seu custe sería de 500€ nun único pago. Transferiríanselle nese caso o dominio e a web e Multimedia Galicia desvincularíase da web.

OUTRAS DÚBIDAS

Se tes calquera dúbida, póñanse en contacto con nós a través do noso teléfono 654 715 233, correo electrónico info@multimediagalicia.com ou a través do seguinte formulario. Se previsas outro tipo de web diferente á que se oferta, tamén se aplicarán fortes descontos equivalentes aos ofrecidos.

Solicitude fisioterapeuta

*Aceptación das condiciones

13 + 8 =

*Campos obrigatorios.

**Condicións do contacto:

  1. Só usaremos os teus datos para contestar á mensaxe, non te suscribirás a ninguna lista de correo nin gardaremos os datos na nosa base de datos.
  2. A persona que envíe o formulario debe aceptar as condicións expostas nestas condicións de servizo e tamén na política de privacidade.

Se precisas unha web ou que che xestionen o mantemento e tes algunha dúbida, ponte en contacto connosco sen compromiso!

Política de privacidade

Aviso legal